Como enviar unha clase á tele do box
Para enviar unha clase á tele do box, abre esa clase no calendario do móbil e preme o botón de enviar. A tele amosa ao momento a clase, o seu WOD e a xente apuntada, aínda que non sexa a que toca por horario.
Cando serve
Sección titulada «Cando serve»Normalmente a tele do box vai soa: amosa cada clase desde 10 minutos antes de comezar e, entre clases, as diapositivas do box. Envía ti unha clase cando queiras adiantala, por exemplo para explicar o WOD antes de tempo, ou cando a tele estea amosando outra.
Precisas que o box teña unha tele emparellada. Faino un administrador, como conta Poñer as clases na tele.
Como enviar unha clase
Sección titulada «Como enviar unha clase»-
Abre Calendario no día de hoxe e abre a ficha da clase: no taboleiro, co botón ⋮ da clase; na vista de calendario, tocando a clase.
-
Preme o botón Enviar a «…», que leva o nome da tele (marca 2). Se o box ten varias teles, o botón di Enviar á pantalla e debaixo aparecen as teles para que escollas unha.
-
Debaixo do botón aparece Enviado a «…» co nome da tele (marca 3).


A tele cambia nun segundo. Amosa o nome da clase, a hora, o adestrador, o WOD e quen vén, cada un co seu nome e a inicial do apelido. Arriba pon «Elixido desde RoninBox» mentres dura o envío.

- Só se poden enviar clases de hoxe.
- A clase queda na tele ata 10 minutos despois de que remate. Logo a tele volve soa ao horario.
- O WOD sae aínda que aínda non estea publicado. Se non queres que o vexan aínda, non envíes a clase.
Poñer as diapositivas ou volver ao horario
Sección titulada «Poñer as diapositivas ou volver ao horario»Desde Inicio, toca Pantallas. Se es administrador, tes tamén en Axustes do box ▸ Pantallas. Cada tele ten a súa tarxeta:
- Que está amosando, ata que hora e quen o enviou (marca 1).
- Volver a automático: a tele volve ao momento a seguir o horario (marca 2). Só aparece cando alguén enviou algo.
- Amosar diapositivas: a tele pasa as diapositivas do box durante 60 minutos, aínda que haxa clase (marca 3).

Para enviar outra clase, volve facelo desde o calendario: a nova substitúe a anterior.