Ir ao contido

Como crear unha clase solta en RoninBox

Publicado o · Actualizado o
  • Quen pode facelo: Administrador do box
  • Onde está: Clases ▸ Eventos ▸ Lista de eventos
  • Tempo: 3 minutos
  • Comprobado o: 5 de outubro de 2026

Para crear unha clase solta en RoninBox abres Lista de eventos, premes Crear Evento e enches o formulario. É o camiño para unha clase que non se repite. As clases que se repiten cada semana defínense unha vez no horario. Nos menús do administrador chamámoslle «evento»; para os socios é unha clase.

Abre Clases ▸ Eventos e entra en Lista de eventos. A táboa mostra a data, a hora, a actividade e as prazas ocupadas sobre o total (por exemplo 12/14), cun lapis para editar e unha papeleira para borrar.

Lista de eventos con data, hora, nome, prazas ocupadas e botóns de editar e borrar
A lista de eventos, co selector de datas na cabeceira.

A lista ábrese mostrando as clases desde hoxe en diante, ordenadas por data. Cambia o intervalo de datas da cabeceira ou usa o buscador para atopar outras. Os selectores de hora, día da semana e actividade da cabeceira aínda non filtran.

  1. En Lista de eventos, preme Crear Evento.

  2. Escribe o Nome da clase.

  3. Se queres, escolle un Prefixo (Prefixos de clase).

  4. Escolle Data de inicio e Data de fin: día e hora.

  5. Indica Máx. usuarios.

  6. Escolle a Actividade. Se a deixas en «Evento libre», a clase non ten actividade.

  7. Se queres, escolle un ou varios Adestradores. Ao escollelos, a clase queda fixada a esas persoas e non a cambia ningún cambio posterior de regras de adestradores; se o deixas baleiro, a asignación decídena as regras. Consulta Cadro de adestradores.

  8. Nun box con varias sedes, escolle a Localización. «Todas as localizacións» déixaa aberta a todas.

  9. Preme Gardar. Volves á lista de eventos.

    Formulario de clase con nome, prefixo, data de inicio e fin, máximo de usuarios, actividade, adestradores, localización e Gardar
    O formulario dunha clase.
  • Editar: preme o lapis da fila. O formulario é o mesmo. Unha clase antiga que levaba o prefixo escrito dentro do nome ábrese xa co prefixo escollido e o nome limpo.
  • Borrar: preme a papeleira e confirma. RoninBox quita os socios da clase e devolve cada clase ao seu bono ou mensualidade, tamén a de quen cancelara tarde. Consulta Como xestionar unha clase.
  • A clase non sae no calendario. Comproba que a data e a actividade sexan correctas e que esteas na localización axeitada do selector do calendario.
  • Non atopo a miña actividade no despregable. Créaa antes en Actividades.